AGACOSE, Asociación Galega de Corredores e  Corredurías de Seguros, celebrou senllas Xornadas formativas en Vigo e A Coruña.

O Presidente da Asociación,  Pablo Lariño, agradeceu a presenza dos asistentes e trasladou a súa opinión sobre a aprobación da transposición da  IDD mediante un Real Decreto en lugar de mediante unha Lei.

Así mesmo, informou sobre as accións que desde  Agacose e no seo de  CIAC levarán a cabo nos próximos días.

Posteriormente, Ignacio Amoedo, Asesor  Juridico da Asociación, explicou en profundidade o contido da nova disposición, ademais de ofrecer aos socios modelos para dar cumprimento ás novas obrigacións.