A entidade apostou por renovar a súa estratexia comunicativa co obxectivo de consolidarse como un referente no sector da mediación en Galicia e ao mesmo tempo, mellorar a comunicación entre os seus socios.

Ademais a axencia ofrecerá servizos de comunicación aos seus socios, que contarán con algunhas vantaxes, como poder crear ou renovar a súa páxina web con descontos exclusivos.

Desde Agacose o seu presidente, Pablo Lariño, valorou moi positivamente este acordo: “Confiamos en que será a panca que impulse definitivamente a presenza da nosa entidade nos medios. Agacose é coñecida como unha asociación moi representativa en Galicia e agora con este acordo teremos a oportunidade de reforzar a nosa comunicación e de que se nos coñeza polo que somos e facemos”.