A práctica ilegal da banca de vencellar a concesión de créditos á contratación de seguros acumula xa máis dun cento de demandas xudiciais en toda España. Delas, polo menos unha vintena está apoiada polos Colexios de Mediadores.

Sabadell, La Caixa e Santander acumulan a meirande parte de demandas admitidas a trámite polos xuíces competentes. Sucédense múltiples reclamacións en once provincias diferentes que amosan, según sinala o Consejo Xeral de Mediadores, “que nin é un feito illado, nin é casual. Obedece a un modus operandi que, aínda que vai á baixa pola presión dos mediadores, aínda se mantén dun xeito moito máis sutil».

De feito, segundo indican desde o Consello Superior, ata o regulador europeo, EIOPA, tivo que intervir abrindo unha investigación para acabar con esta mala práctica.