#FamiliaAgacose a nova campaña interna da asociación galega

#FamiliaAgacose a nova campaña interna da asociación galega

A Asociación Galega de Corretores e Corretorías de Seguros (AGACOSE) lanzou este mes a campaña #FamiliaAgacose. Trátase dunha iniciativa dirixida a todos os corretores galegos co obxectivo de unir esforzos así como defender os intereses comúns do sector.

Esta campaña levarase a cabo baixo o hashtag #FamiliaAgacose, e pon o foco en conseguir achegar a todas as corretorías de Galicia mostrando os beneficios de ser membro da asociación. Esta iniciativa leva consigo un conxunto de accións internas na organización, así como externas nas redes sociais, onde se irá presentando a todos os membros da gran #FamiliaAgacose.
En definitiva, a finalidade da campaña é, a longo prazo, dar unidade a todos os corredores galegos, mentres que a corto prazo xerar un sentimento de pertenza promovendo o apoio entre si e velando polos intereses comúns.

2021-03-22T14:37:11+00:00

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies