Markel dá a coñecer as vantaxes diferenciais en D&O para todas as corredurías de AGACOSE

Markel dá a coñecer as vantaxes diferenciais en D&O para todas as corredurías de AGACOSE

AGACOSE  e  MARKEL, celebraron unha xornada de formación e mesa redonda para dar a coñecer as vantaxes diferenciais do produto  RC Administradores e Altos Cargos ( D&O) ad hoc para  AGACOSE mediante Webinar a toda a súa rede de  corredurías.

Na xornada formativa de presentación do produto, estiveron presentes por parte de  AGACOSE membros da directiva como Pablo Lariño, presidente, Félix  Villada e José Antonio Rodríguez así como boa parte dos asociados. Por parte de  MARKEL, o Director de Desenvolvemento Comercial e Marketing José Antonio Martín, o responsable Territorial Centro-Norte Miguel Morán, así como parte do equipo de subscrición de D&O.

“Estas iniciativas supoñen un impulso importante para contribuír e xerar novas oportunidades para as  corredurías asociadas a  AGACOSE. Preséntanse novas oportunidades e necesidades no mercado polos tempos extraordinarios que estamos a vivir, e dispoñer do asesoramento dunha compañía especializada e líder no segmento de D&O como  Markel permítenos axudar de maneira significativa aos nosos asociados para competir no mercado e ser  proactivos na xerencia de riscos de clientes empresas”.

 

 

Pablo Lariño, Presidente AGACOSE

2020-10-20T15:47:51+00:00

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies