Os bancos cada vez aprovéitanse máis da situación que estamos a vivir coa pandemia. E agora, semella que, ademáis de exixirlles novas condicións, non queren atender nas oficiñas de maneira presencial.

En concreto, trátase da campaña publicitaria de Abanca que reclama aos seus clientes que “eviten ir ás oficiñas das entidades”. Unha campaña que, polo feito de ser un tanto problemática, obligou á entidad a retirala.

A choiva de críticas que recibiron responden ás mensaxes dos carteis publicitarios nos que se podían ver frases como “¿Aínda vés á oficiña para todo? Se podes ver aos netos dende a tableta, podes retirar diñeiro do caixeiro” ou “¿Aínda vés á oficiña para todo? Se podes consultar novidades no teu móbil, podes comprobar se a túa pensión foi pagada no caixeiro”.

Sen dúbida, esta estratexia mostra o claro obxectivo que, dende fai tempo, perseguen as entidades bancarias: deixar de lado ao cliente e tratalo coma un número máis, pero fidelizalo impoñéndolle os seus productos financieiros custe o que custe. Xa que, do mesmo xeito que te chaman para que contrates un seguro con eles porque así “afórraste as comisións”, despois non queren atender as túas dúbidas e reclamacións nas oficiñas. E pode ser que este non sexa o seu obxectivo, pero si que é certo que é o que demostran.

Dende hai uns meses, mesmo en plena pandemia, os bancos decidiron subir as comisións das contas bancarias para tentar vencellar outros productos aos seus clientes. Porque se cobrar a nómina, domiciliar un recibo, ou ter un préstamo con eles xa era abusivo, agora comenzaron a impoñer a condición de contratar un seguro coa entidade e, do contrario, cobran unhas comisións inasumibles . Esta situación viuse reforzada pola pasividade das autoridades, un feito que, como denunciou recentemente CIAC, son prácticas totalmente ilegais.

Pero esta campaña publicitaria ía máis aló. Agora a mensaxe estaba dirixida cara os máis maiores. Precisamente, este colectivo que xa tiña problemas para facer as súas xestións bancarias agora, amais , estanlle dando a entender que todo o tiñan que xestionar a través de caixeiros automáticos, o que supón non só un gran impedimento, senón ademáis un gran foco de contaxio neste momento no que eles son os máis vulnerabeis.

Ao contrario da banca, os corretores de seguros están a disposición dos seus clientes para informarlles, asesorarlles e atender a todas as súas dúbidas nas oficiñas, sempre respectando as medidas de seguridade sanitarias para previr o contaxio.

Lamentablemente, aínda que sexa unha mensaxe dunha campaña, non se afasta da realidade. Porque, ademáis de que os bancos nútrense do teu diñeiro e permítelles facer outro tipo de transaccións, dende hai tempo cada vez poñen máis impedimentos para facer os movementos acompañado dun profesional. Unha práctica que vulnera, unha vez máis, os dereitos dos consumidores a ter un profesional que atenda e resolva os problemas que este poida ter, tal e como mostra o artigo 21 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.