A asociación

A asociación
A asociación 2018-06-19T11:52:27+00:00

Quen Somos

A Asociación Galega de Corredores e Corretorías de Seguros fundouse no ano 1995.

A NOSA TRAXECTORIA EN DEFENSA DA PROFESIÓN

Desde a data da súa creación, as principais accións, en defensa da nosa profesión levada a cabo pola Asociación teñen sido:

Presentación na Audiencia Nacional de Demanda contencioso administrativa, contra o Ministerio de Economía e Facenda, pola imposición do Servizo de Atención ao Cliente nas Corredurías de Seguros. A Audiencia Nacional fallou a favor de AGACOSE, sendo a resolución confirmada polo Tribunal Supremo. A Administración aproveitouse da Lei de Mediación para regular de forma adecuada a creación do SAC en corredores e Corretorías de Seguros.

.

Movilización de gran parte dos corretores de toda España, en torno ao Manifesto de oposición ao Proxecto de Lei de Mediación. AGACOSE reuniu; máis de 1.500 adhesións, vidas desde todos os puntos de España. Gracias a esta acción, consiguieronse introducir enmendas na Lei, relativas a puntos tan importantes como a análise obxectiva, ou a retribución do corredor.

AGACOSE é un punto de referencia en materia de mediación ante a Xunta de Galicia.

Defensa dos nosos asociados ante inspeccións dos Órganos de Control.

Presentación de demandas contra 32 entidades financeiras ante a DGSFP e ante a Comisión Nacional da Competencia.
Campañas levadas a cabo por toda Galicia, contra todo tipo de competencia desleal.

Reunións con todos os grupos políticos con presenza no Congreso dos Diputados, na fase de creación da Lei de Mediación.

Negociacións con Entidades Aseguradoras, cartas de condicións.

Órganos de Gobierno

Xunta Directiva

Presidente: D. Pablo Lariño Noya (Lariño Correduría de Seguros, S.L.)
Vicepresidente: D. Domnino Rodríguez Moirón (Noceda Corredores, S.L.)
Secretario: D. Carlos Abella García (Abella y Amor Correduría de Seguros, S.L.)
Tesoureiro: D. Félix Villada Moirón (Villadasegur Correduría de Seguros, S.L.)
Interventor: D. Jose Antonio Rodríguez Fraga (Correduría e Xestión de Seguros Toñito, S.L.)
Vogal: D. Iván Novo Castro (Ucoga asesores, S.L.)

Persoal Auxiliar

Secretaría Técnica: Ana Cela Rodríguez
Asesor Xurídico: Ignacio Pérez Amoedo
Administrador “SANOS”: Vis Global, S.L.

Obxectivos Primordiais

Defender

Os dereitos e intereses do colectivo de Corretores e Corretorías de Seguros.

Coidar

Difundir e prestixiar a imaxe dos Corretores e Corretorías.

Orientar

En materia xurídica, económica, financeira ou técnica.

Proporcionar

 Elementos de información e documentación en materia de seguros.

Divulgar

Facer chegar e valer a opinión dos socios ante os Organismos Oficiais.

Representar

Realizar calesqueira xestións en beneficio dos intereses dos asociados.

Promover

A xusta e libre convivencia entre os empresarios desta Asociación, para estreitar os vencellos entre os mesmos e canalizar a participación na xestión e responsabilidade das tareas comúns.

Realizar

Cantas actividades sexan propias dunha Asociación empresarial e⁄ou profesional e estean de acordo coas disposicións vixentes, pero sen invadir as competencias que a Lei de Colexios Profesionais atribuen en exclusiva ao Colexio de Mediadores de Seguros Titulados.

Faite socio

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies