O 14 de maio conmemórase no noso país a entrada en vigor da primeira Lei de Seguros, establecida nada menos que un 14 de maio pero do ano 1908. Con esta lexislación regularizouse a actividade das compañías de seguros creando normas de funcionamento que aplicaran a todas as organizacións que comercializaban pólizas e seguros. Esta lei de 1908 mantívose, engadindo só pequenos cambios ata o ano 1954; dende entón, progresivamente, fóronse implementando novas normas para adaptala aos novos tempos e ás novas formas de comercialización e mediación.
O 14 de maio tamén se celebra en América porque a Lei de Seguros española foi para eles unha grande influencia, esencial para fixar unha lexislación baseada tamén alí nas boas prácticas e experiencias.
Orgullosos da nosa profesión, contribuíndo coa nosa actividade á saúde, felicidade e benestar dos fogares e da sociedade. GRAZAS pola vosa confianza!!
#ProfesionaisCualificados #SomosCorretoresDeSeguros