O axente e o corretor de seguros son mediadores aos que acudir para contratar un seguro, pero ambas figuras non son sinónimos.
O corretor de seguros é un mediador que non está vencellado a ningunha compañía aseguradora, polo que ofrece asesoramento independente e o produto que máis se axuste ás necesidades do comprador, o máis vantaxoso. Ademais o corretor está sometido a unha estrita normativa de requirimentos financeiros e de profesionalidade, coa obriga de cumprilos para poder desenvolver a súa actividade diaria.
Estas funcións e características veñen perfectamente definidas pola Dirección Xeral de Seguros, dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital:
“Son mediadores libres de vencellos que supoñan afección respecto ás aseguradoras. A Lei confírelles a misión de ofrecer aos asegurados un asesoramento profesional, especializado e imparcial, fundado na súa independencia. É por iso polo que recomendan aos seus clientes as coberturas de seguro e as entidades que mellor se adapten, ao seu xuízo profesional, ás necesidades do consumidor”.
Mentres que o axente de seguros é un mediador que vende seguros da compañía ou compañías para a/as que traballa, representando deste xeito os intereses da entidade á que representa.
Se necesitas asesoramento obxectivo e un servizo centrado no cliente e non nunha compañía aseguradora, o corretor é o profesional que mellor defenderá os teus intereses.