AGACOSE organizará a partir do próximo 30 de setembro, e durante todo o mes de outubro, unha serie de eventos a prol da dixitalización das corretorías.
Para isto, a Asociación galega estrea os seus “Xoves tecnolóxicos AGACOSE”, unha cita online, cuxas inscricións xa están abertas, coas principais tecnolóxicas que darán a coñecer as súas solucións para mellorar o día a día dos mediadores.
Deste xeito, o 30 de setembro comezan estas xornadas coa exposición de SOFTQS, á que lle seguirá o 7 de outubro MPM, o 14 de outubro EBROKER, o 21 de outubro GECOSE e o 28 do mesmo mes concluirá co relatorio de TESIS.
As xornadas serán sempre en horario de tarde, de 16:30 a 18:00 horas e o acceso é totalmente gratuíto tanto para socios como para non socios que estean interesados. Para poder asistir só deben contactar coa secretaría da Asociación dende hoxe mesmo no email: agacose@agacose.com.