Na súa última Xunta Directiva AGACOSE programou varias WEBINARS para os seus Socios:
– Presentación do produto D&O MARKEL ESPAÑA – RC Administradores e Altos Cargos (15/10/2020)
– Presentación de CGPA EUROPA – RC Profesional Corredores de seguros (23/10/2020)
– Creación da Canle de Denuncias internas – RD Lei 3/2020 – Artigo 199 (30/10/2020)
– Presentación e formación do Servizo Compliance Penal – MARKEL ESPAÑA ( Pdte. Fixar data)
Esta programación súmase á xa realizada ao longo deste ano e á necesidade, dada a situación actual e futura, de facilitar aos Socios información actualizada, ferramentas tecnolóxicas para adaptarse ao futuro e acordos de colaboración que sen dúbida lle serán de gran utilidade para a súa actividade diaria.
Entre as Xornadas xa realizadas ao longo deste ano, contando con gran participación destacan as seguintes:
– O Protocolo Laboral de actuación fronte ao COVID-19- (Maio)
– Medidas a adoptar tras o estado de alarma – (Xuño)
– Presentación de UNAYTA (Consultora tecnolóxica, oficina sen papeis, firma biométrica, Marketing dixital, páxinas Web, etc) – (Xullo)
– RD Lei de traballo a distancia (Outubro)