Con motivo da entrada en vigor do RD Lei 3/2020 polo que se transpone ao noso ordenamento a Directiva Europea de Mediación, a Asociación considerou moi importante analizar este novo marco de responsabilidades ao obxecto de identificalas e buscar a adecuada cobertura das mesmas. Por iso, AGACOSE decidiu subscribir un acordo con CGPA EUROPE ao obxecto de poñer a disposición unha alternativa especializada, solvente e con ausencia de conflito de interese, valores estes que achega CGPA Europe. Ademais, deste xeito a Asociación negociou unhas condicións especiais para que todos os seus socios poidan acceder a esta opción de cobertura negociada.
Para facer público este acordo entre todos os seus socios, a Asociación programou unha reunión o vindeiro venres día 23 de outubro para facer a presentación oficial do acordo e presentar a compañía e o negociado a toda a asociación.
“Este acordo permite dar resposta aos nosos socios dunha cuestión longamente demandada e que pretendía poder contar cunha alternativa independente e que achegue experiencia e solucións aos riscos que se derivan da nosa actividade”.
Pablo Lariño, presidente de AGACOSE
“Con este acordo poñemos ao dispor de todos os socios de Agacose nosa alternativa de cobertura, baseada na experiencia internacional da Entidade líder en Europa CGPA Europe. A nosa opción nace das necesidades do corredor para a cobertura do seu risco profesional, sendo o noso obxectivo o que os corredores actúen cos seus riscos da mesma forma na que eles actúan cos seus clientes, ofrecéndolles a mellor opción para a cobertura dos mesmos”.
Carlos Montesinos, CEO de CGPA Europe Underwriting