AGACOSE apostou durante todo o mes de outubro por unhas xornadas especializadas en dixitalización para corredores nas que puideron ver diferentes opcións tecnolóxicas para mellorar os seus procesos do día a día.
Estes eventos arrincaron o pasado 30 de setembro baixo o nome “Xoves tecnolóxicos AGACOSE”, xa que todos os relatorios tiveron lugar os xoves pola tarde de maneira online. Nelas, os máis de 250 asistentes puideron gozar das exposicións de SOFTQS, MPM, EBROKER, GECOSE e TE-SIS, de maneira totalmente gratuíta.
En palabras de Félix Villada, responsable do proxecto de AGACOSE: “Estamos moi contentos coa acollida que tivemos e esperamos ser un punto de unión entre corredores e tecnolóxicas para que finalmente moitas pemes do sector poidan dar o paso cara á dixitalización”
É que un dos obxectivos principais da Asociación é axudar aos seus socios e á mediación para mellorar cada día, por este motivo estas xornadas estiveron abertas a todo aquel que quixese participar.
Ademais, Villada adiantou que os Xoves Tecnolóxicos AGACOSE non terminan aquí: “a nosa intención é poder facer máis xornadas como as que fixemos máis adiante, xa que moitos corredores transmitíronnos que están encantados co formato e a temática, polo que estamos seguros volveremos moi pronto con máis relatorios” concluía.