Baixo un lema que é toda unha declaración de intencións ‘Comprometidos contigo’ e que aglutinará todas as accións que se desenvolven en diversos medios a partir do mes de febreiro e ao longo das vindeiras semanas, a Asociación Galega de Corredores e Corredurías de Seguros (Agacose) pon en marcha unha campaña corporativa que incide na clara vocación dos corredores e da súa actividade: centrada e enfocada sempre no cliente.

En consecuencia, tanto a gráfica coma o lema, están protagonizados por persoas: os propios corredores e corredoras, membros todos eles da Asociación, convertidos por un día en excepcionais modelos e comunicadores que dan voz a todos os profesionais da mediación, en primeira persoa, e baixo un lema que aglutinará todas as accións a través de píldoras audiovisuais e cartelería para os despachos profesionais, entre outros soportes.

Por medio destas canles visibilizarase o modus operandi dos corredores de seguros, a súa capacidade de resolución, amosando claramente ‘de parte de quen están’ no exercicio da súa profesión, a quen representan e a quen defenden como mediadores independentes e cualificados coa misión de ofrecer un asesoramento profesional, especializado e imparcial. Na premisa de que un corredor ofrecerá sempre o produto máis vantaxoso e a resolución a dúbidas, conflitos ou achegando respostas e solucións ás necesidades dun xeito profesional e solvente, pola clara vocación de compromiso coas persoas e non cunha compañía ou empresa provedora de seguros en particular. 

Comunicar convenientemente esta realidade é o obxectivo da campaña como vén sendo a finalidade da Asociación dende a súa creación: garantir a obxectividade, cualificación, independencia e efectividade grazas á mellora da competitividade dos profesionales das corredurías mediante a formación e actualización constante de coñecementos e recursos que os diferencia notablemente doutras canles de distribución.