A principios de abril iniciouse a campaña da declaración da renda e son moitas as dúbidas que xurdiron, este ano, pola situación económica derivada da pandemia, sobre todo a raíz dos ERTE e á aprobación da redución das aportacións aos plans de pensións. Por isto, dende AGACOSE explican que se debe ter en conta para poder realizar correctamente a declaración da renda 2020.
- Desgravacións por seguros para autónomos
Á hora de realizar a renda, moitos descoñecen que algúns produtos de aforro e seguros poden desgravarse.
Se ben é certo que unha das novidades dos PGE de 2021 é a rebaixa das aportacións con deducións fiscais aos plans de pensións persoais, no 2020 aínda se poden deducir os máximos aportados. En cambio, para as empresas, o importe das aportacións máximas ao plan de emprego amplíase ata os 10.000 euros.
Por outra banda, os autónomos tamén poden desgravarse os plans de pensións de empresas, os seguros de saúde e de vida (un máximo de 500 euros por póliza ao ano), seguros de responsabilidade civil profesional e seguros de comercio e oficina.
- ¿Quen ten que facer a declaración?
A declaración da renda faise dependendo do rendemento dos ingresos anuais. Por norma xeral, os autónomos están obrigados a presentala con excepción de aqueles que obtiveran rendas inferiores a 1.000 euros anuais e perdas inferiores a 500 euros. No seu lugar, os asalariados teñen a obriga de facela cando superen o límite de 22.000 euros brutos anuais, sempre e cando proveñan dun mesmo pagador.
- ¿E que ocorre con dous pagadores?
Pero neste 2020, coa pandemia e os ERTE, moitos tiveron dous pagadores: a empresa e o SEPE. Así, aqueles contribuíntes con dobre pagador, afectados por un ERTE ou con desemprego, teñen a obriga de realizar a declaración, sempre que superen os 14.000 euros brutos anuais.
- ¿Cales son as deducións que se poden aplicar en Galicia?
As desgravacións son de carácter autonómico, segundo as circunstancias persoais e laborais. En Galicia, ademais das deducións xerais, o contribuínte pódese deducir por: o nacemento ou adopción de fillos; por estar ao cargo de contribuíntes con discapacidades maiores de 65 anos; gastos polo uso de novas tecnoloxías en fogares; alugueiro da vivenda habitual; inversión na adquisición de accións sociais en novas entidades; doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico ou innovación tecnolóxica; ou inversión en instalacións na vivenda habitual, que empreguen enerxías renovables.
- Acudir a un profesional, a mellor opción
Preparar a declaración da renda non é un trámite sinxelo e adoitamos recorrer a un xestor que axude a realizala. De tódolos xeitos, no caso de ter algún seguro contratado, o mellor é contactar cun corretor de seguros, quen lle asesorará sobre que seguros se poden desgravar na declaración e así poder optar aos beneficios fiscais que che corresponden.
“Dende AGACOSE, unímonos á campaña #consultacontucorredor, para poñer en valor a figura do corretor de seguros”, explica Pablo Lariño, Presidente da asociación. “Porque ao fin e ao cabo, o corretor de seguros non só é experto no sector asegurador, senón que ofrece unha atención persoal e única, co obxectivo de asesorarche en calqueira momento”.