En virtude do convenio asinado con Agacose, o Instituto e-Learning do Seguro ofrece a formación continua a  para todos os niveis (1, 2 e 3), así como a formación inicial para os niveis 2 (200h) e 3 (150h) on-line.

1. Formación Inicial

Todos os contidos e programas establecidos na norma sobre Distribución de Seguros para as persoas que se integren nos Niveis 2 e 3 (directivos, axentes, empregados e colaboradores externos das entidades aseguradoras e corredorías).

Os plans de formación deséñanse en función da actividade de cada alumn@, aplicando convalidacións e reducións do contido en función de tipos de seguros que se vaian distribuír.

2. Formación Continua

O alumnado (Niveis 1, 2 e 3) dispón dunha extensa variedade de cursos formativos para que cumpran co mínimo de horas de formación ao ano sobre un bo número de interesantes, amenos e útiles temas en función da clase de distribuidor, os produtos distribuidos, a función desempeñada e a actividade realizada por cada alumn@, tal e como esixe a normativa.

Ademais, a  formación continua está adaptada á esixencia da nova normativa de ser “avaliables” ao dispoñer todos os contidos dun cuestionario de avaliación automático.

3. Consultorio Permanente

No Instituto e-Learning del Seguro resolven e atenden todas as dúbidas e consultas sobre determinados aspectos relacionados coa aplicación das obrigas e requirimentos de formación en cada caso particular.

Se tes interese, envíanos un correo a agacose@agacose.com indicando o número de persoas da túa corredoría (directivos, empregados, colaboradores externos) que queren participar, indicando que tipo de formación realizaría cada un (formación continua nivel 1, 2 ou 3, formación inicial nivel 2 ou 3 ou ambas formación inicial + continua).