Como cada 3 de xuño celébrase o Día Mundial da Bicicleta, unha cita que a Asociación Galega de Corretores e Corretorías (AGACOSE), quere destacar para analizar cales son os riscos máis susceptibles que poden sufrir os amantes das bicicletas e como prevelos.
Durante os últimos anos, produciuse unha tendencia crecente no uso da bicicleta a nivel mundial como por exemplo en Holanda, China, Alemaña ou en moitas provincias do interior do noso país, converténdose nun vehículo tan fundamental como o coche. Este feito ven motivado pola inclinación cara o coidado do medio ambiente, a redución dos niveis de contaminación ou evitar o sedentarismo.
Segundo o Barómetro da bicicleta en España, publicado pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), o 43,8% dos galegos decláranse usuarios da bicicleta, aínda que sinalan o perigo que esta supón. Deste xeito, os principais problemas aos que se enfrontan diariamente son as condicións climáticas (16,7%), o tráfico (15,9%) e a falta de carrís específicos para a súa circulación (11,6%).
Por todo isto, dende a Asociación quérese recalcar a importancia de contar cun bo seguro que protexa tanto ao ciclista como á bicicleta ante todos estes riscos.
Que debe cubrir o seguro de bicicletas?
Roubo da bicicleta e dos extras incorporados á mesma na vía pública, faiados, garaxes ou na vivenda habitual.
Asistencia médica e sanitaria, traslado e repatriación en caso de enfermidade ou accidente.
Trasladoda bicicleta en caso de avaría, accidente, picada ou falta de aire nas rodas.
Indemnizaciónen caso defalecemento por accidente ou como consecuencia do accidente, se se produce a invalidez permanente absoluta ou parcial do ciclista.
Reclamación de danos, amigable ou xuridicamente, en nome do ciclista a terceiros responsables dos danos e prexuízos causados.
Asistencia legal e trámites de xestoría, contando cun avogado para calquera tipo de asesoramento.
Gastos de rescate e salvamento, naqueles casos nos que se sufra un accidente e se precise intervención especial.
Aínda que á hora de escoller un seguro de bicicleta, é fundamental contar co apoio e experiencia dun profesional que analice os riscos e nos acompañe na xestión de calquera sinistro. Por isto, dende AGACOSE apostan por #consultacontucorredor, para que che axude ante calquera dúbida.