O pasado ano, debido á pandemia, o teletraballo fixo aumentar mais os ciberataques, alcanzando un 125%. Soamente en Galicia chegáronse a rexistrar unha media diaria de 2.800 ataques a equipos de empresas e particulares, sendo Vigo un dos municipios mais afectados cun 30% de incidencias.
A causa deste incremento, os seguros de ciberriscos convertéronse nun pilar fundamental dentro da xestión das empresas, sobre todo daquelas cun grande volume de datos persoais ou confidenciais de clientes.
Coa rápida implementación do teletraballo, as empresas non adecuaron os seus sistemas de seguridade de acceso a datos corporativos dende redes persoais. Isto traduciuse nun aumento das incidencias e ameazas cibernéticas. En concreto, o 95% das empresas españolas sufriron algún tipo de ciberincidente no último ano. Así mesmo, o 62% das empresas afirman ter recibido mais ataques dende a declaración da pandemia.
Cada vez mais existen multitude de solucións tecnolóxicas fronte a estes posibles ciberriscos, pero sen dúbida unha das mellores é contar cun bo seguro que se axuste ás necesidades de cada empresa.
Que tipo de riscos debe cubrir a miña póliza de Cyber?
● Ataques cibernéticos, restaurando e reparando os sistemas en caso de verse ameazada a empresa pola intrusión de piratas informáticos.
● Fugas de datos, nas que se acceda á información comercial sen unha autorización previa.
● Fallos de seguridade, nos cales un ciberdelincuente deixa expostos os sistemas de seguridade da empresa.
● Extorsión, os cibercriminais aprópianse dos sistemas e datos da empresa coa fin de extorsionar á compañía ou ameazala con publicar información a cambio dunha contía económica.
● Análise do sistema informático e informes de estado, para coñecer en todo momento a situación dos sistemas pero sempre respectando a privacidade dos arquivos e a información contida nos mesmos.
Á hora de escoller un seguro de ciberriscos, é fundamental contar co apoio e experiencia dun profesional que analice os riscos da empresa e nos acompañe na xestión de calquera sinistro. Por isto, dende AGACOSE apostamos por #consultacontucorredor, para que lle axude ante calquera dúbida.