Dentro do labor formativo e de actualización constante desenvolvido por AGACOSE, enmárcase a Xornada que nos presentará CGPA Europe sobre a xestión do día a día das corredurías co fin de detectar os erros que se poden cometer a diario para, dende ese punto, propoñer medidas correctoras e de control, da man dun relator de gran solvencia: Maciste Argente.

Un dos obxectivos da Asociación Gallega de Corredores y Corredurías de Seguros é que as súas empresas asociadas realicen un adecuado cumprimento normativo e de procedemento diario, evitando posibles sancións e responsabilidades das sociedades. 

Esta xornada fundaméntase precisamente na recompilación dos erros máis usuais que cometemos dunha maneira case inconsciente, pero que nos expón a múltiples posibles reclamacións, máxime cando estamos ante unha actividade tutelada pola Administración.

Calquera actividade empresarial que se prece debe de ter necesariamente establecidos protocolos de actuación que garantan tanto a súa eficacia e éxito mercantil como a observancia das disposicións legais que lle sexan de aplicación.

Inscricións:  agacose@agacose.com indicando nome e apelidos, e a persoa participante recibirá a ligazón para acceder vía Teams.