O 15 de mayo celebrouse a xornada en liña “PROTOCOLO LABORAL NA FASE 1 DA DESESCALADA“, na que se trataron os seguintes temas:
A protección do traballador no centro de traballo.
A actuación empresarial ante a sospeita de contaxio por COVID-19.
As medidas de hixiene das persoas traballadoras.
As medidas de hixiene no centro de traballo.
Abriu o acto Pablo Lariño, Presidente de AGACOSE, quen informou aos presentes acerca da actividade da asociación desde o establecemento do estado de alarma.
Así, entre outras cousas, informouse da consulta ao ICO en relación á negativa da institución para facilitar préstamos a corredores e corredurías de seguros, feito que se modificou con posterioridade, o avance na presentación de emendas ao proxecto de lei de Distribución, o envío de gran cantidade de información e documentación aos asociados, e a creación dunha canle en youtube da asociación.
A xornada foi impartida por Ignacio Amoedo, asesor juridico de AGACOSE, e Isabel Velasco, profesora asociada da Facultade de Ciencias do traballo da Universidade de Vigo.