AGACOSE, Asociación Galega de Corredores e Corredurías de Seguros, celebrou senllas Xornadas formativas en Vigo e A Coruña.
O Presidente da Asociación, Pablo Lariño, agradeceu a presenza dos asistentes e trasladou a súa opinión sobre a aprobación da transposición da IDD mediante un Real Decreto en lugar de mediante unha Lei.
Así mesmo, informou sobre as accións que desde Agacose e no seo de CIAC levarán a cabo nos próximos días.
Posteriormente, Ignacio Amoedo, Asesor Juridico da Asociación, explicou en profundidade o contido da nova disposición, ademais de ofrecer aos socios modelos para dar cumprimento ás novas obrigacións.