Durante o mes de maio celebráronse tres sesións de formación relativas ao proceso de sinistros dirixidas aos integrantes da asociación galega de corretores AGACOSE. Cada sesión centrouse en distintos tipos de sinistros: autos materiais, corporais e particulares. 

Todas elas foron coordinadas polo equipo de Formación Comercial Norte de Plus Ultra Seguros, Jon Dueñas, Ana Villar e por Ana Cela, secretaria técnica da asociación, contando cunha gran aceptación e participación por parte dos socios.

A primeira sesión, celebrada o pasado 11 de maio, estivo centrada nos procesos de sinistros autos materiais. Esta xornada iniciárona José Antonio Rodríguez, membro da xunta directiva da asociación, e Julián Rejas, director Zona Noroeste de Plus Ultra Seguros, e foi impartida pola responsable de Danos Propios de GCO Tecnología y Servicios, Silvia González y por el Responsable de Convenio SDM de GCO Tecnología y Servicios, Daniel Pérez, que trataron con detalle a apertura dun sinistro, as vías de tramitación dun sinistro de autos en función de existir ou non contrario, a xestión relativa á peritaxe vehículo asegurado e as pautas xerais dunha tramitación xudicial. A esta sesión asistiron 39 mediadores asociados. 

A segunda xornada, que se celebrou o pasado 18 de maio, estivo enfocada nos procesos de sinistros corporais. Esta sesión foi aberta por Domnino Rodríguez, membro da xunta directiva da asociación e foi impartida por Regino Martín, Director Siniestros Daños Corporales de GCO Tecnología y Servicios, que analizou os principios xerais da tramitación de danos corporais, o proceso de reclamación en favor do asegurado e os sinistros de responsabilidade civil, así como a asistencia sanitaria e os asuntos relativos á lei 35/2015 Baremo. A esta sesión asistiron 41 mediadores asociados. 

Para pechar, a última sesión celebrouse o pasado 25 de maio e o contido da mesma centrouse no proceso de sinistros de ramos particulares. Abriu esta xornada Pablo Lariño, presidente de AGACOSE, e foi impartida por Delia Muñoz, Responsable de Procesos y Soporte CSD de GCO Tecnología y Servicios, quen informou sobre como abrir un sinistro en función da súa tipoloxía, a xestión de profesións e as vías internas que existen de reclamación así como da importancia das enquisas de calidade que se realizan, os recobros e os procesos de defensa e reclamación de danos de asegurado. A esta sesión asistiron 34 mediadores asociados.