AGACOSE presenta a plataforma CIMA aos seus socios

AGACOSE presenta a plataforma CIMA aos seus socios

O pasado venres 11 de xuño, AGACOSE organizou un evento online para presentar as funcionalidades da plataforma CIMA aos seus socios.

 

O acto iniciouse coa presentación por parte do presidente de Agacose, Pablo Lariño, quen agradeceu a asistencia e dispoñibilidade de CIMA para realizar este evento, en especial a Asunción Blasco e a Oscar Bernal, Directora e Responsable de xestión de servizos TIREA, respectivamente, por dedicar o seu tempo e axudar a todos os socios coas súas dúbidas.

 

O obxectivo principal deste evento era presentar aos corretores galegos a plataforma e fomentar a dixitalización das súas corretorías coa adhesión á CIMA. Cómpre lembrar que se trata dunha plataforma de conectividade, innovación e servizos para a mediación aseguradora do estándar EIAC, que facilita a comunicación eficaz e eficiente entre entidades e corretores. Con este fin, os poñentes profundaron nos beneficios e aportacións da plataforma ao sector, así como a súa funcionalidade.

 

Trala intervención dos representantes de CIMA, Félix Villada, tesoureiro de Agacose, sinalou que, “10 anos despois, por fin o intercambio estandarizado de información chega ás nosas corretorías de seguros xa que se trata dun fito para o sector, xa que nun momento no que é imprescindible a dixitalización, por fin as compañías, as tecnolóxicas e as corretorías imos falar o mesmo idioma”.

 

 

2021-06-15T12:43:05+00:00

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies