Que é?
É unha iniciativa do Goberno de España que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais para acadar un avance significativo no nivel de madurez dixital das empresas.
A quen vai dirixido?
A pequenas e medianas empresas de entre 10 e 49 empregados e persoas en situación de autoemprego que teñan o seu domicilio fiscal en territorio español.
Cales son os conceptos subvencionables?
Solucións de dixitalización como:
- Sitio web
- Presenza en internet
- Xestión de redes sociais
- Comercio electrónico
- Xestión de clientes
- Servizos e ferramentas de oficina virtual
- Intelixencia empresarial e analítica
- Xestión de procesos
- Factura electrónica
- Comunicacións seguras
- Ciberseguridade
Cal é a contía da axuda directa?
Será por un importe máximo de 12.000€
Cal é o prazo?
Dende o 15 de marzo. Estará aberto durante 6 meses ou ata agotaren os fondos
Onde solicitalo?
Na sede electrónica de Red.es: https://sede.red.gob.es
A orde ministerial coas bases reguladoras para a concesión destas axudas publicouse no BOE o pasado 30 de decembro: https://boe.es/boe/dias/2021/12/30/pdfs/BOE-A-2021-21873.pdf