Agacose únese á campaña #Consultacontucorredor impulsada por CIAC, co obxectivo de remarcar a importancia do corretor de seguros ante a sociedade.

Con esta iniciativa, ambas asociacións pretenden poñer en valor a figura do corretor, humanizando e demostrando o seu papel imprescindible no día a día. Para iso, levaranse a cabo distintas accións que explicarán a función do corretor de seguros á hora de ofrecer os seus servizos de maneira profesional, sempre pensando nos beneficios que se adecúen mellor ao cliente e protexendo os seus intereses.
Isto é importante porque, aínda que hai mais de 40 anos que existe esta profesión, segue sen verse a súa relevancia na nosa sociedade. É mais, aínda hai xente que non sabe a que se adican os corretores.

Por iso, destacaranse as principais funcións e características dun corretor, quen conta cunha formación específica en materia de seguros e é capaz de ofrecer un servizo impoluto que se axuste ás necesidades de cada cliente.

Así, con esta iniciativa promoverase a necesidade de consultar cun corretor sobre calquera materia relacionada cos seguros e inxustizas en materias financieiras. Porque, á fin e ao cabo, é quen coida das persoas e as súas familias, asegurando a súa saúde e os seus bens para que estean ben protexidos. En definitiva, quen acompaña en todos os momentos difíciles da vida.

Os corretores de seguros, ademais, están a disposición de todos os seus clientes, para informarlles e asesorarlles en todo momento sobre as súas dúbidas, xa sexa de forma presencial, seguindo o protocolo sanitario, ou por vía telemática xa que cada vez teñen á súa disposición ferramentas mais tecnolóxicas que melloran a comunicación, facéndoa mais fluída e rápida, o que lles permite dar un servizo profesional e próximo.

A Coordinadora Independente de Asociacións de Corretores (CIAC) actualmente ten activa unha serie de accións contra as malas praxes da banca que tamén se fai extensible á asociación galega, quen se manifestou claramente contra a coacción que realiza a banca á hora de vender seguros, así como outra serie de medidas que van en contra dos consumidores de seguros.