Co bo tempo e o comezo do verán, xa empeza a sensación de vacacións, pero tamén a preocupación polo inicio da tempada de incendios. Malia producirse por toda a extensión do territorio español, a zona noroeste e en particular a rexión galega, é a zona mais azoutada por este tipo de desastres.

 

Tal e como sinalan os expertos, e igual que sucede co noso país veciño, Portugal,  a actividade incendiaria contabilizada en Galicia é maior que en calquera outra parte de España, malia a non ser todos os lumes de gran tamaño, dende 2001 rexistráronse un total de mais de 460.000 hectáreas queimadas.  O ano 2017 foi un dos mais tráxicos para a rexión, xa que se queimou mais territorio forestal que o total contabilizado nos tres anos anteriores, rexistrando ata 352 focos incendiarios distintos.

 

Este tipo de incendios, así como os orixinados en recintos pechados poden ocasionar multitude de danos materiais e persoais. Por isto, é importante saber como actuar ante eles, pero tamén como protexerse ante os seus posibles danos. AGACOSE, a Asociación Galega de Corretores e Corretorías  aconsella #consultacontucorredor para coñecer que tipo de póliza é a mellor en caso de que afecte ao terreo, á vivenda ou a un mesmo.

 

Quen cobre os danos ocasionados por incendios forestais?

 

A cobertura dos danos producidos por incendios dependerá das causas, gravidade e circunstancias do lume.  Así, o goberno pode decidir promulgar un RD para conceder diversas axudas aos afectados, tal e como sucedeu en diferentes ocasións.

 

Pola súa parte, o Consorcio de Compensación de Seguros (CCS), farase cargo dos danos que orixine un incendio en paraxes naturais, tal e como vén recollido na Lei 43/2003, do 21 de novembro, de Montes e do Regulamento aplicable.

 

Agora ben, á marxe das axudas que outorgue o CCS ou as autoridades correspondentes, se hai danos ocasionados fora das zonas naturais ou se se descoñece o culpable do acto, AGACOSE recomenda sempre coñecer os tipos de pólizas que se teñen contratadas para saber que coberturas específicas contra incendios deste tipo nos amparan.

 

Desta maneira, o seguro do fogar cubrirá mais ou menos gastos en función da tipoloxía de póliza contratada. As mais completas cobren a reestruturación e os danos materiais do contido da vivenda, non obstante é importante recalcar que todos eles cobren os danos producidos por un lume.

 

O seguro de auto tamén ten coberturas especiais contra incendios; o mais habitual é que este cubra só os materiais e accesorios que trae o vehículo de serie, mentres os cambios que se fixeran con posterioridade, a non ser que se especificaran na póliza, non os cubrirá.

 

Por último o seguro de vida cobre aqueles danos persoais que se derivasen do incendio, aínda que é importante coñecer cales son as coberturas específicas contratadas, xa que en función destas o seguro responderá en maior ou menor medida.

Deste xeito, dende a Asociación remarcan a importancia da concienciación e o risco que este tipo de catástrofes supoñen e dan algúns consellos básicos para previr e protexernos ante un lume:  

 

  • Evita arroxar materiais prendidos ou inflamables. Evita queimar lixo.
  • Evita acender calquera tipo de lume.
  • Recolle o lixo que se xera e deposítao nun lugar axeitado.
  • Evita fumar en bosques ou pastos.

*Nota importante:

A Consellería do Medio Rural puxo a disposición dos cidadáns o número de teléfono 085, de carácter gratuíto, para dar aviso dun posible incendio forestal. Ademais tamén abriu a liña 900815085 , para avisar dos posibles delitos de incendios.