AGACOSE e MARKEL, celebraron unha xornada de formación e mesa redonda para dar a coñecer as vantaxes diferenciais do produto RC Administradores e Altos Cargos ( D&O) ad hoc para AGACOSE mediante Webinar a toda a súa rede de corredurías.
Na xornada formativa de presentación do produto, estiveron presentes por parte de AGACOSE membros da directiva como Pablo Lariño, presidente, Félix Villada e José Antonio Rodríguez así como boa parte dos asociados. Por parte de MARKEL, o Director de Desenvolvemento Comercial e Marketing José Antonio Martín, o responsable Territorial Centro-Norte Miguel Morán, así como parte do equipo de subscrición de D&O.
“Estas iniciativas supoñen un impulso importante para contribuír e xerar novas oportunidades para as corredurías asociadas a AGACOSE. Preséntanse novas oportunidades e necesidades no mercado polos tempos extraordinarios que estamos a vivir, e dispoñer do asesoramento dunha compañía especializada e líder no segmento de D&O como Markel permítenos axudar de maneira significativa aos nosos asociados para competir no mercado e ser proactivos na xerencia de riscos de clientes empresas”.
Pablo Lariño, Presidente AGACOSE