Os seguros imprescindibles para os mozos

Os seguros imprescindibles para os mozos

Como cada 12 de agosto celébrase o Día Mundial da Xuventude, unha cita que a Asociación Galega de Corretores e Corretorías (AGACOSE), quixo destacar para analizar cales son os seguros que máis interesan a este colectivo e que segundo demostran diferentes estudios son descoñecidos para eles.

  • Seguros de bicicleta e patinete. Cada día é mais habitual ver a mozos que se desprazan en transportes mais ecolóxicos como bicicletas e patinetes, polo que é importante coñecer a importancia dos seguros que apareceron ad hoc para eles, que aínda que non son obrigatorios, aportan moitas vantaxes fronte a un accidente, avaría ou roubo, incluso cobren a responsabilidade de danos a terceiros.
  • Seguro de fogar. É un dos seguros mais descoñecidos para este colectivo, posto que na maioría dos casos non teñen casa propia ou acaban de emanciparse, incluso en moitas ocasións comparten pisos de alugueiro. Pero protexer a vivenda é unha fonte de tranquilidade, ante calquera accidente que poida ocorrer na vivenda, e especialmente se inflúe a terceiros. Unha das cláusulas que mais interesa a este colectivo é que dependendo das coberturas contratadas pode cubrir o roubo de dispositivos electrónicos como portátiles, smartphones ou consolas así como transportes como bicicletas que se atopen dentro da vivenda no momento do roubo. Por esta razón e coa fin de dar a coñecer a súa importancia algunhas compañías ofrecen pólizas específicas para os mais novos que soen aplicar descontos no prezo final ben sexa para vivenda en propiedade, compartida o en aluguer.
  • Seguro de autos. Aínda que é obrigatorio paga a pena destacar a importancia das coberturas e non velo só coma un trámite mais para poder circular. Estas pólizas cobren os danos do vehículo por accidente, así como a responsabilidade ante terceiros, transporte ante avarías e incluso en moitos casos asistencia en estrada. Pero non hai que esquecer que ben sexa como condutor habitual ou ocasional, en caso de utilizar o vehículo dos pais, irmáns, titores ou de algún amigo, este debe estar reflectido no contrato para que o seguro o poida cubrir.
  • Seguros para dispositivos electrónicos. As persoas mais novas creceron rodeadas de ordenadores, móbiles, tablets, consolas… por isto non é estraño que conten cun gran número deles. Son moitas as situacións que poden poñer en risco estes dispositivos tan delicados e ao mesmo tempo tan fundamentais no día a día, por iso e debido á súa grande importancia moitas aseguradoras sacaron seguros específicos que cobren rotura, roubo ou accidentes que se orixinan nestes dispositivos.
  • Seguro ciberriscos. Hoxe en día todos pasamos moitas horas diante de ordenadores e móbiles, pero se se trata dos máis novos esta porcentaxe aumenta, e é importante coñecer que actualmente existen centos de ciberriscos aos que se está exposto. Por isto, hai seguros específicos que protexen destes ciberdelitos e que inclúen cláusulas específicas que cobren a violación da privacidade, o roubo de información ou o acceso a unha rede privada.
  • Seguro de moto. Outro dos vehículos preferidos dos mozos son as motos, e ao igual que ocorre no seguro do coche é obrigatorio para circular. Pero mais alá deste, é imprescindible coñecer que ante calquera avaría ou accidente o seguro protexe tanto ao condutor, acompañante e terceiros que se vexan involucrados.
  • Seguros para drones. Os drones, uns dispositivos que cada vez contan con mais público xuvenil para o seu uso recreativo. Ata agora, este seguro só era obrigatorio se se lle daba un uso profesional, pero coa entrada en vigor da Normativa Europea de Drones en xaneiro deste ano, é obrigatorio o seguro de responsabilidade civil para todos os drones independentemente do seu peso e do seu uso ata que se aprobe o RD UAS. Ao falar dos seguros de drones para persoas novas, hai que ter en conta que existen moitas pólizas diferentes que o inclúen, incluso nalgunhas ocasións pódese incorporar no seguro de fogar.
  • Seguro de viaxe. A todos gústanos viaxar, e este ano moito mais debido ás circunstancias excepcionais que levamos vivindo dende 2020, por iso é importante que os mozos organicen as súas viaxes con precaución e contratando un seguro de viaxe que lles poida axudar en caso de accidente ou ante calquera eventualidade que poida xurdir no mesmo. Ademais, este año están incluíndo cláusulas que inclúen PCR ou estancia en caso de contraer o coronavirus, entre outras.  Tamén existen pólizas específicas para mozos que lles protexerán fronte a sucesos coma a perda da equipaxe, cancelación do voo ou gastos inesperados de transporte e aloxamento.

 

Aínda que á hora de escoller calquera seguro, é fundamental contar co apoio e experiencia dun profesional que analice os riscos e nos acompañe na xestión de calquera sinistro, especialmente para os máis novos xa que non contan coa experiencia e os coñecementos necesarios para poder facer fronte a todos os trámites administrativos. Por isto, dende AGACOSE apostan por #consultacontucorredor para poder axudar ante calquera dúbida que se poida orixinar antes, durante e posteriormente á contratación do seguro.

 

Podes solicitar toda a información enviando un correo electrónico a agacose@agacose.com

 

 

 

2021-09-07T15:41:48+00:00

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies