Plus ultra e Agacose prolongan ata 2021 a súa colaboración co obxectivo de levar a cabo actividades que impulsen o desenvolvemento comercial dos mediadores en Galicia. Ademais, a renovación da firma do convenio permitirá optimizar as estratexias comerciais e fortalecer os procesos de negocio entre ambas as entidades, algo que supoñerá un impulso para o sector asegurador na rexión.

Na firma da renovación do acordo estiveron presentes o director territorial Norte corredores de Plus ultra Seguros, Juan Carlos Delgado, e o presidente de Agacose, Pablo Lariño.

Delgado destacou que a renovación do acordo con asociación galega reafirma “o compromiso decidido de Plus ultra Seguros coa rede de corredores da asociación”, ao mesmo tempo que “impulsa o desenvolvemento de negocio da asociación ao achegar aos seus asociados as mellores solucións aseguradoras”. Pola súa banda, Lariño quixo resaltar a importancia do acordo alcanzado entre ambas as compañías xa que grazas ao apoio de Plus ultra Seguros “os nosos corredores poderán ofrecer aos seus clientes produtos de gran calidade ademais dun servizo personalizado axustado ás súas necesidades