A chegada do bo tempo e a relaxación das medidas produciu que moitos aproveiten para saír de viaxe ou facer algunha escapada. Pero ante esta situación, os fogares quédanse vulnerables, expostos a múltiples riscos, como roubos, asolagamentos, incendios… sen que os propietarios se poidan decatar ou sexa tarde cando o fan. Por iso, é importante contar cun bo seguro de fogar que cubra calquera eventualidade que poida ocorrer e que permita sentirse seguro cando se deixa a vivenda.

Pero, ¿que cobre un seguro de fogar?

  • Roubos ou furtos nas vivendas: Estes sinistros son comúns estando de vacacións xa que se abandonan as vivendas durante un longo período de tempo. Un roubo e un furto diferéncianse en que o primeiro é unha apropiación indebida sen aplicar forza nas cousas nin violencia nas persoas. Para que un furto ocorra no fogar, ten que haber un punto de acceso aberto. Sen embargo para que se cometa un roubo tense que forzar unha porta ou unha ventá. Os seguros de fogar tamén diferencian estas dúas accións e mentres que o roubo está cuberto por practicamente todas as compañías, é recomendable ler ben as cláusulas para asegurarse de que o furto tamén.
  • Subtracción de produtos tecnolóxicos. Actualmente contamos con moitos dispositivos como smartphones, tablets, ordenadores, televisores…. e forman parte do contido da maioría dos nosos fogares. Polo que se o contido está asegurado, en caso de roubo no fogar ou danos como os ocasionados por un asolagamento, estarían cubertos. En ocasiones existen limitacións na cobertura, como a antigüidade do dispositivo.
  • Danos causados por fenómenos atmosféricos. As choivas, vento, incendios, asolagamentos, etc. son accidentes que poden ocorrer mentres te atopas de viaxe, por iso é moi importante telo en conta á hora de contratar un seguro de fogar. A maior parte destes seguros inclúen coberturas nas que están incluídos os danos que causan estes fenómenos.
  • Danos por incendios. Estes accidentes son uns dos mais temidos, e non contar cun seguro axeitado pode facerte perder a vivenda. Tamén ocasionan grandes consecuencias emocionais provocadas pola perda de obxectos cun gran valor sentimental. Os incendios pódense producir no interior ou exterior dunha casa, en caso de que sexa fóra da vivenda, a causa do mesmo determinará se está ou non cuberto polo seguro. Sen embargo, se a orixe é no interior da casa, e ademais afecta a terceiros, o seguro de fogar debe facerse cargo dos danos ocasionados tanto na propia vivenda coma os danos na comunidade, veciños, etc.
  • Rotura de electrodomésticos. Mentres estamos de vacacións, os accidentes meteorolóxicos antes mencionados como por exemplo asolagamentos, poden provocar a avaría dos electrodomésticos. Nalgunhas pólizas inclúense estes danos e noutras contrátanse coma complemento, por isto é importante ter claro que tipo de seguro se contrata e que está incluído no mesmo.
  • Perda de alimentos refrixerados. En moitas ocasiones, cando nos vamos de vacacións déixanse algúns alimentos nas neveiras e conxeladores que aguantan mentres estamos de viaxe, pero pode ocorrer calquera accidente que faga que se desconecten ou se rompan. O seguro de fogar, ademais de cubrir a rotura do frigorífico, algunhas compañías tamén contemplan nas súas pólizas cubrir os gastos dos alimentos refrixerados que pola falta de subministro eléctrico se perdan.
  • Roubo de bicicletas/patinetes. Estes obxectos adoitan gardarse en faiados, que tamén forman parte do fogar, polo que tamén deben estar asegurados. No caso de que se produza o roubo da bicicleta ou patinete, deberá estar especificado no contrato inicial.
  • Roubo de vehículos estacionados no garaxe. Do mesmo xeito que o faiado, o garaxe é parte do fogar, e polo tanto esta estancia debe estar garantida. Algunhas compañías consideran que o que estes conteñan é parte do contido asegurado e estarían cubertos mentres que outras non, polo que se debe prestar atención do tipo de póliza que se contrata.

Pero para elixir as coberturas que mais conveñan a cada un, e que se axusten a cada situación, o mellor é acudir a un corretor de seguros, quen analizará cada situación e ofrecerá o mellor seguro para cada persoa. Ademais, en caso de sufrir calquera sinistro, acompañará na xestión dos trámites coas aseguradoras. Por isto, dende AGACOSE apostan por #consultacontucorredor, para que che axude ante calquera dúbida.