Martes, 27 de setembro
Hora: 11:00h
Duración: 1 hora
Destinatarios: integrantes do sector asegurador: entidades, asociacións, mediadores, organizacións da mediación, empresas tecnolóxicas , etc.
Obxectivo: facer unha posta en común das principais actividades desenvolvidas neste ano de funcionamento de CIMA como plataforma tecnolóxica de conectividade e sobre todo de colaboración e consenso sectorial
O lanzamento da plataforma CIMA enmárcase nun proxecto de colaboración sectorial sen precedentes, que conta dende o seu inicio co apoio de gran parte do sector asegurador, empresas de software e organizacións de corretores como a propia Agacose. CIMA supón un fito importante no compromiso do sector para a implantación efectiva do estándar EIAC e da conectividade entre entidades e corretores, e que foi posible grazas ao consenso e á estreita colaboración de todas as partes implicadas.
Homoxeneizar e estandarizar o intercambio de información entre aseguradoras e tecnolóxicas para enriquecer e optimizar a información do mediador, así como crear un repositorio común de información con capacidade de autoxestión como a plataforma CIMA, traballando cóbado con cóbado con todos os actores partícipes do proceso, está sendo unha experiencia única, esencial para deseñar, desenvolver e implantar as solucións tecnolóxicas e as novas funcionalidades que quedan por vir.
Estanse sumando a esta iniciativa cada vez máis corretores, aseguradoras e tecnolóxicas, o cal é un claro exemplo de éxito na iniciativa sectorial froito da estratexia baseada no ben común.