O pasado 30 de Outubro Agacose celebrou unha Xornada Informativa sobre a Canle Denuncias que, por imperativo legal, é obrigatorio disponer e que AGACOSE externalizará sen custo algunha para os seus socios.
O Artigo 199 da Real Decreto Lei 3/2020 establece:
“1. Os distribuidores de seguros e reaseguros deberán dispoñer de procedementos adecuados para que os seus empregados poidan notificar infraccións a nivel interno a través dunha canle independente, específico e autónomo, que poderán ser obxecto de desenvolvemento regulamentario.
2. Estes procedementos deberán garantir a confidencialidade tanto da persoa que informa das infraccións como das persoas físicas presuntamente responsables da infracción.
3. Así mesmo, deberá garantirse que os empregados que informen das infraccións cometidas na entidade sexan protexidos fronte a represalias, discriminacións e calquera outro tipo de trato inxusto.”
Para empezar, débese de coñecer o funcionamento da Canle de Denuncias (Manual de Procedemento), establecer a forma de difusión do mesmo entre o persoal e colaboradores e implementar a ferramenta.