O pasado martes 27 de Novembro, AGACOSE celebrou no Hotel Monumento San Francisco o seu Congreso anual, o cal contou coa especial colaboración de SURNE E SANITAS.
Tras a presentación inicial do Presidente de AGACOSE, Pablo Lariño, tomaron a palabra representantes das Compañías colaboradoras, JAIME AREILZA por parte de SURNE e ROBERTO CAJIDE por parte de SANITAS.

A xornada, que contou coa afluencia de preto de 100 persoas entre Socios e representantes de Compañías, desenvolveuse con 3 interesantes relatorios:
A primeira versou sobre a nova Lei de Distribución de seguros a cargo de D. Ignacio Amoedo Pérez, Asesor Xurídico da Asociación.
A continuación desenvolveuse o relatorio “como sería ser dono de Amazon?, na que David Navarro de Microaltor fixo “imaxinar”aos presentes ser donos dunha empresa que cunha alta eficiencia, controlase a xestión e venda de seguros.
Para o seguinte relatorio “O contribuínte: cidadán ou súbdito?”, contouse co avogado especialista en dereito tributario D. Javier Gómez Taboada.

Para finalizar a xornada, tivo lugar unha mesa redonda da Coordinadora CIAC, na que participaron varios Presidentes da Asociacións que forman parte da mesma.

Acerca de CIAC
A Coordinadora Independente de Asociacións de Corredores de Seguros fundada o 8 de abril de 2016 polas asociacións de corredores e corredurías ABACOSE ( Illes Balears), ACCA (Catalunya), ACS-CV ( Comunitat Valenciana), AGACOSE (Galicia), ASOCCEX (Estremadura), ARAMS (Aragón) e COSASCYL (Castela-León). En breve incorporará á Asociación Asturiana de Corredores e Corredurías de Seguros (en constitución) O seu obxectivo principal é defender os intereses dos pequenos empresarios do sector, que é o perfil dos máis de 400 corredores e corredurías integrantes das respectivas asociacións, e ao usuario de seguros fronte ás prácticas abusivas, sexa cal for o actor das mesmas.