A Asociación Galega de Corretores e Corretorías de seguros celebrou onte mércores 30 de Outubro o seu Congreso anual que contou coa asistencia de máis de 100 persoas entre socios e representantes de compañías.

Pablo Lariño Noya, Presidente de Agacose abriu o Acto facendo unha mención especial ao anterior Presidente, Enrique Magdalena Vila nomeado Socio de Honra. Seguidamente interviñeron as compañías patrocinadoras Surne con Jaime Areilza Eceiza (Director Grandes contas, e por parte de Santa Lucia Vida e Pensións, Juan Alonso Hernández(Director Territorial Centro e Grandes Contas).

Seguidamente se dió paso ao relatorio “SANOS – Estado actual e futuro” coas intervencións de David Navarro ( Microaltor), Florentino Pastor Terra(Xerente do SANOS) , Francisco Hoya Muñoz (Presidente ACCA/Vicepresidente Fundación SANOS) e Pablo Lariño (Presidente de Agacose e Fundación SANOS) , na que se presentou o novo SANOS 3.0.

Continuouse cunha mesa co debate sobre “O Asociacionismo”na que interviñeron Maciste Argente ( Fecor), Santiago Macho ( Aunna) e Pablo Lariño ( Agacose/ Ciac).

Pechando o Acto contouse con 2 relatorios xurídicos, “O protocolo do risco penal” de Ramón Pérez Amoedo (avogado) e “Os plans de igualdade laboral” de Mª Isabel Velasco Casal (avogada).