O pasado Venres 13 de Novembro ás 10:00 h, tivo lugar a 2ª reunión con MARKEL ESPAÑA, coa presentación do servizo E- Compliance Penal, coa intervención de Miguel Morán (Responsable Territorial Centro-Norte de Markel) como moderador e Leticia De la Hoz (Directora de Dpto. Xurídico/Legal & Tax de IDBO Consultans).

Este servizo é exclusivo para clientes corporativos de Markel e as corredurías de Agacose, permite coñecer de forma totalmente gratuíta o grao de exposición en materia de responsabilidade penal corporativa, ademais de ofrecer a opción de contratar o servizo de prevención penal con IDBO Consultans a través dunha área privada para o cliente con tarifas especiais.

A presentación realizouse de forma práctica e tivo gran participación.