Asefa Seguros lanza ESECON – Escola de Seguros de Construción Online

Asefa Seguros lanza ESECON – Escola de Seguros de Construción Online

Asefa Seguros puxo en marcha a primeira escola online sobre seguros de construción, (www.esecon.es), coa que se pretende achegar a industria da construción e os seus seguros á sociedade.

O obxectivo principal de ESECON é proporcionar ao usuario, de maneira comprensible, dinámica e visual, o acceso a información sobre cada un dos seguros que interveñen no proceso construtivo, contribuíndo desta forma á formación nesta materia tan específica tanto do público especializado, como de calquera persoa interesada niso.

A escola, que está estruturada en diferentes “aulas”, alberga distintos tipos de contido, entre os que destaca un amplo glosario de termos para dar resposta ás dúbidas máis frecuentes e unha listaxe das principais patoloxías que afectan á industria da construción, así como algúns exemplos de sinistros que poden ocorrer no transcurso dunha obra.

Ademais, os usuarios terán a posibilidade de aclarar as súas dúbidas da man dos expertos de Asefa Seguros accedendo a pequenas pílulas didácticas en formato vídeo nas que se explican de maneira próxima diferentes temáticas.

Grazas ao enfoque formativo e informativo que caracteriza ESECON, os seus contidos iranse ampliando para dar resposta a novas necesidades aseguradoras da industria da construción.

2019-04-29T10:45:16+00:00

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies