Desde o pasado mes de xullo, representantes de CIAC (Coordinadora Independente de Asociacións de Corredores e Corredurías de Seguros) presentaron a diversos grupos parlamentarios as súas propostas de emendas ao Proxecto de Lei de Distribución. En concreto, mantiveron reunións con Cidadáns, ERC, PdCAT, Podemos, PP e PSOE. O obxectivo era “explicar o texto de dichas propostas aos deputados relatores das mesas de Economía ou Consumo dos distintos grupos políticos, argumentando con feitos e casos reais prácticas abusivas que no marco da actual lexislación están a darse e que corren o risco de perpetuarse no futuro coa actual redacción do Proxecto de Lei”.

Os temas tratados nas emendas presentadas por CIAC resúmense nos seguintes puntos:

– A futura lei debe consagrar o principio de liberdade de contratación, tanto en aseguradora como no distribuidor.
Prohibición de primas únicas ou seguros de duración superior a un ano cando estes sexan asociados a préstamos de calquera tipo.
– O distribuidor de seguros complementario non pode supoñer un limbo en materia de deberes de información.
– Os datos do cliente facilitados polos corredores ás aseguradoras deberán ser cancelados ao caducar o período de validez do proxecto de seguro e non poderán ser conservados se non se formaliza o contrato.
Prohibición de colaboradores externos multinivel.