Agacose, en colaboración co Colexio de mediadores da Coruña convoca unha Xornada sobre “A situación do sistema público de pensións”.

INSCRICIÓNS DE SOCIOS: enviando correo a agacose@agacose.com, indicando Nome, Apelidos e nº DNI do asistente/ s antes do próximo 19 de Outubro.

(Confirmarásevos a inscrición por correo electrónico, xa que o aforamento é limitado)

Sabemos que che preocupas polas necesidades dos teus clientes tanto como nós polas túas, e sabes que a situación do sistema actual de pensións é un asunto que preocupa a todos os cidadáns como futuros pensionistas. Queremos convidarche a que, acompañado dos teus mellores clientes, coñezas a situación real das pensións e as mellores alternativas que podes ofrecerlles en aforro e investimento para complementar a súa xubilación, polo que organizamos este interesante evento da man de grandes expertos.

O MELIÁ MARÍA PITA recibiravos en pleno Paseo Marítimo, ofrecéndovos un ambiente único e acolledor con fabulosas vistas ao mar, das que gozaremos durante o cocktail celebrado ao peche da xornada, un momento distendido en que poderás aproveitar para establecer sinerxias e relacións comerciais.

O público obxectivo desta acción é o teu mellor cliente, ou aquel potencial cliente que pode estar interesado nun complemento ao seu futuro como pensionista.