Os asociados de Agacose distribuirán produtos de Accidentes, Baixas, e Dependencia de Surne específicos para autónomos, grazas ao a ampliación do convenio que manteñen ambas as entidades dando así resposta a unha crecente demanda do mercado asegurador especializado.

Ao acto de firma do acordo asistiron Pablo Lariño, presidente de Agacose, Juan Manuel da Torre, executivo de contas en Galicia, e Jaime Areilza, director de Grandes Contas de Surne.

En virtude do acordo, a través do proxecto Aula Surne, a compañía proporcionará formación profesional e especializada a todos os asociados de maneira continua e actualizada.