A compañía especializada en seguros de vida, pensións, aforro e investimento do grupo Santalucía asinou por primeira vez un acordo de colaboración coa Asociación Galega de Corredores e Corredurías de Seguros, AGACOSE para a distribución de plans de pensións a través das súas máis de 100 asociados.

Ao acto de firma do acordo, que tivo lugar o pasado 14 de marzo nas oficinas de Santalucía Vida e Pensións en Vigo, asistiron Pablo Lariño, Presidente de AGACOSE e Rodrigo Fernández- Avello (Director Xeral do Negocio de Vida e Pensións de Santalucía), Fernando Moura (Subdirector xeral de Santalucía Vida e Pensións, Juan Alonso Hernández (Director Territorial Centro) e Alma Palomino (Directora de Negocio en Vigo).

En palabras de Pablo Lariño “Grazas a este acordo, Santalucía Vida e Pensións colaborará activamente con AGACOSE facilitando a distribución de plans de pensións a través dos nosos asociados, proporcionándolles un proxecto de formación profesional e especializada”.

Fernando Moura sinalou que “É un pracer colaborar con AGACOSE. Galicia é un lugar estratéxico para o noso plan de negocio e este acordo reafirma a aposta de Santalucía Vida e Pensións pola mediación profesional”.

Por último, para Juan Alonso Hernández “Este acordo é crucial para o negocio de Santalucía Vida e Pensións , unha compañía especialista no ramo Vida con presenza en Galicia a través das nosas oficinas e directores de negocio, tanto en Vigo como na Coruña. Estamos a desexar comezar esta colaboración que nos permitirá fomentar a cultura do aforro para os retos que nos depara o futuro das pensións. Apoiaremos para iso aos corredores como figura fundamental para o asesoramento dos clientes neste sentido. Estamos seguros de que esta alianza será todo un éxito”.

Na imaxe: De izda a dcha, Alma Palomino (Directora de Negocio en Vigo de SANTALUCÍA VIDA E PENSIÓNS), Pablo Lariño, Presidente de AGACOSE, Fernando Moura (Subdirector Xeral de SANTALUCÍA VIDA E PENSIÓNS), Juan Alonso Hernández (Director Territorial Centro de SANTALUCÍA VIDA E PENSIÓNS) e Rodrigo Fernández- Avello (Director Xeral do Negocio de Vida e Pensións de SANTALUCÍA).